GUÍAS DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon á disposición dos autónomos, empresas e traballadores diversas guías que, seguindo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus, recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo.


As guías, elaboradas polo Issga para sectores específicos de actividade e tamén con carácter xeral, pódense consultar na seguinte páxina web:

http://issga.xunta.gal/portal/contido/avisos/aviso_0018.html

Esta páxina ofrece tamén un recompilatorio de información actualizada relacionada coa prevención e a protección contra o coronavirus que ofrecen as distintas administracións.

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600