SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA, SERVIZOS E AGRICOLA PRIMARIA

Inicio solicitude: Desde 31 de xaneiro de 2018 Fin solicitude: 28 de febreiro de 2018

 

Convocatoria de subvencións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y) .

 

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

  • Auditorías enerxéticas.
  • Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria, servizos e agricola primario.
  • Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, servizos e agrícola primario, así como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de instalacións fotovoltaicas, solares térmicas e bombas de calor que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético, como mínimo do 20% respecto do consumo inicial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.

     

    O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas. O investimento máximo da actuación para que sexa subvencionable establécese en 200.000 € por solicitude.

    Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

BENEFICIARIOS:

As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos, agrícola primaria ou da industria.

A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009.

Para os efectos desta resolución considerárase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE 2009, ambas as dúas incluídas .

Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

 

PERIODO DE ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para presentar a solicitude de cobro será o 30 de setembro de 2018.

 

CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA:

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

 

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 31 de xaneiro e remata o 28 de febreiro de 2018.

 

Este despacho atópase en disposición de aclarar calquera cuestión que poida xurdir en relación con estas axudas.