Con data 10 de xaneiro de 2020, publicouse o  Decreto Decreto 168/2019, de 12 de decembro , polo que se crea e se regula o Rexistro galego de exposición laboral ao amianto (Regela). ), cunha entrada en vigor segundo a súa disposición derradeira segunda, aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia., o sexa o 30 de xaneiro de 2020.

Con este rexistro preténdese aumentar o nivel de protección da saúde do colectivo exposto ao amianto e que a vixilancia da súa saúde sexa o máis completa posible. O Regela mellora a seguridade xurídica das persoas afectadas, facilita a transparencia e a accesibilidade da información e simplifica os procedementos.

A creación do Regela axudará a controlar a vixilancia da saúde realizada polos servizos de prevención en relación co amianto. Así mesmo obrigará aos profesionais médicos do traballo que fan seguimento ás persoas traballadoras que continúan na empresa onde foron expostos ao amianto, a remitiren a información da vixilancia da súa saúde. Ademáis rexistrarase o colectivo vixiado nun sistema específico de información do Servizo Galego de Saúde. Este será un paso imprescindible para poder comparar os datos a nivel nacional no Programa integral de vixilancia da saúde das persoas traballadoras que estiveron expostas ao amianto (Pivistea).

Outra das achegas do Regela é que o persoal médico do traballo poderá acceder á información existente no Sergas en relación con anteriores vixilancias da saúde co fin de coñecer as patoloxías preexistentes. Isto é especialmente útil xa que, debido á variedade temporal das contratacións dos servizos de prevención nas empresas, é difícil que un mesmo equipo realice a vixilancia da saúde da persoa traballadora durante moitos anos.

Por último, a creación do Regela axudará ao recoñecemento médico legal das incapacidades e das prestacións por continxencias laborais das persoas afectadas, xa que ao tratarse dun rexistro oficial, a inscrición poderá ser presentada no procedemento de acreditación da súa exposición laboral. Ademais, posibilitará un procedemento para que as persoas traballadoras expostas ao amianto que non teñan recoñecida esta circunstancia nas empresas nas que traballaban poidan ser incluídas no rexistro.

As empresas inscritas  no RERA (Rexistro de Empresas con Risco de Amianto), con persoas traballadoras nalgún dos supostos contemplados no ámbito de aplicación do citado Decreto 168/2019, de 12 de decembro, deben coñecer,  que o citado decreto regula os seguintes procedementos:

 

a) SA600A O procedemento de comunicación á autoridade sanitaria das persoas expostas ou postexpostas que cesan na súa relación laboral coa empresa onde tivo lugar a exposición ao amianto.

 

b) SA600B O procedemento de alta/modificación no Regela.

 

c) A remisión ao órgano competente en materia de saúde pública da Comunidade Au-tónoma de Galicia das fichas de vixilancia da saúde das persoas expostas ao amianto e das persoas postexpostas activas na mesma empresa.

 

Toda a información referente tanto aos procedementos como ao seu acceso, atópase colgada na seguinte dirección de internet:

 

https://www.sergas.es/Saude-publica/Amianto--Vixilancia-da-sa%C3%BAde-laboral