O BOP de Lugo de 3 de maio publica as bases do programa Bono Impulso-Deputación de Lugo, destinado ao fomento do consumo de bens en establecementos comerciai, locais comerciantes polo miúdo e de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolto por persoas empresariais autónomas, microempresas e pequenas empresas da provincia de Lugo.

Terá a consideración de bono, o descontó por un valor de 30€ sobre unha compra mínima de 60€ nos establecementos adheridos. Isto significa que cada solicitante obterá un bono de 30€ a condición de que realice 60€ de consumo en calquera dos establecementos adheridos. A aplicación dos bonos será efectuada de forma inmediata no momento da compra polos propios establecementos tras a identificación dos consumidores. A tal sendito, a persoa que realice a compra debe levar o seu DNI.

 

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realiza un gasto de 65€, debe pagar 35€ ao establecemento no momento da compra e os 30€ restantes serán abonados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente este a documentación xustificativa.

Os gastos bonificados son os realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e na páxina web de Deputación de Lugo ata o 31 de agosto de 2021.

PODERÁN ADHERIRSE ao PROGRAMA BONO IMPULSO – DEPUTACIÓN DE LUGO aqueles establecementos comerciais, locais comerciantes polo miúdo, así como os establecementos de hostalaría (incluidos servizos de aloxamento) radicados en calquera concello da provincia de Lugo que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser persoas empresarias autónomas, microempresas ou pequenas empresas
  • Non se atopen incursas en ningunha das prohibición que se establecen na LGS.

Poderán participar aqueles establecementos que no momento da solicitude teñan recoñecidas débedas tributarias, débedas fronte á Seg Social e Deputación de Lugo. Con todo, débense atopar ao corrente no momento de presentación da conta xustificativa. No caso de establecementos con débedas fronte a Deputación de Lugo, estas serán compensadas co importe da axuda, polo que se detraerá a débeda sobre o pago.

Oxe, día 4 de maio, comenza o prazo para que aqueles establecementos que desexen adherirse ao programa Bono Impulso- Deputación de Lugo, podan facelo, para  o que deberán formalizar o correspondente formulario de adhesión que se atopa dispoñible na páxina web da Deputación de Lugo, www.deputacionlugo.gal. O prazo será de 15 días hábiles a contar dende oxe.

Calquer información que desexen ampliar non duden en contactar con este despacho.

Deje un comentario